PICAR EN >>>BEGOÑA LORENZO E IAGO MOURIÑO
BEGOÑA LORENZO
Realizou estudos de canto e pandeireta no Conservatorio de
Música Tradicional e Folque de Lalín do 2000 ao 2007, con Mestres como Ugía Pedreira e Guadi Galego, anos nos que participou como integrante do Combo do CMTF de Lalín en diversas actuacións dentro en fora do centro.

Recibiu tamén clases de Pandeireta da man de Felisa Segade na Escola de Música e Baile Tradicional Brincadeira, así como de Canto a mans de mestres como Ramón Bermejo e Carmen Rey na escola Estudio.
Na sua andanza profesional participou como integrante do Coro da Ra, vocalista da Banda Tudutene vocalista, dúo de Voz e Piano xunto a Iago Mouriño, docente de Cursos de Pandeireta e Canto da asociación veciñal de Rodeiro, Obradoiro de Canto e Pandeireta, Repertorio Tradicional na Asociación Madialeva, etc.
Grabou tamén un disco como vocalista do grupo Grodan Defló, e fixo colaboracións con grupos de música tradicional e outros estilos musicais: Alén, Linho do Cuco,…
No hay comentarios:
Publicar un comentario