lunes, 31 de diciembre de 2012

ANINOVO 2013


Por circunstancias non podemos expresarnos como quixésemos que esta imaxe sirva para cambiar a un ano mellor.


picando en la imagen aumentará

martes, 18 de diciembre de 2012

PINGAS DE AUGA NA PENA FENDIDA DE SAN CLODIO (RIBAS DO SIL)


Non queremos facernos latosos, pero é indubidable que toda a ribeira do Sil, con todo o que lle rodea é un lugar ideal para esquecerse dos problemas cotiáns. Cada cal, segundo na zona que lle toca vivir, debería tratar de buscar o positivo que atope, algunhas imaxes que espero que vos sirvan para ver que non son palabras sen sentido.

PICAR EN >>> http://youtu.be/AjrgL7wkw00


COCIDO, BAILE E ALEGRÍA NA FESTA DE SANTA LUCIA EN RAIROS (RIBAS DO SIL)


En primeiro lugar a nosa felicitación aos organizadores da Festa de santa Lucia en Rairos. Xuntámonos un grupo de persoas coa idea de pasar unha tarde agradable e podemos certificar que este obxectivo logrouse. A comida abundante e ao final a música que nos fixo mover o esqueleto. Esperamos que o ano próximo repetirase e seguro que se necesitará unha carpa de maior tamaño.

lunes, 17 de diciembre de 2012

O CONCELLO DE RIBAS DE SIL ORGANIZA UHNA SAÍDA A LUGO



LOVE OF CATS -- (SAN CLODIO) AMOR DE GATOS)-- KATZENLIEBE


Regresando o día 13 de Decembro de Rairos cerca xa da Borrén recolleunos Ramiro. Visitamos a súa casa rural "O Verxel" en Vilar do Mato, pasamos unha tarde moi agradable,alí puidemos gravar estas imaxes dos seus gatos, MIXU XUBI e MIKAELA, que estaban relaxándose á calor de estufa de leña.

domingo, 16 de diciembre de 2012

SAN CLODIO (NADAL MMXII)


Estes Nadais non son tristes como parecen ,dá pena pasar pola praza do concello e non ver ningunha iluminación, penso que non todo é a crise, algunhas veces os que mandan fáltalles algo de vontade, non fai falta tanto como din para dar algunha alegría nesta época de pena. De todas as maneiras Graza ao Belén da ""CABINA" e á Ponte de Ferro e unha pequena montaxe @s de San Clodio desexamos o que esta 
imaxe nos di.




sábado, 15 de diciembre de 2012

SANTA LUCIA MMXII EN RAIROS DE RIBAS DO SIL

A festa de SANTA LUCIA en Rairos atraía a moita xente de toda esta zona do interior da provincia de Lugo. Este ano tivemos a sorte de estar presentes, ao coincidir nun día laborable non asistiu tanta xente como outros anos. Os que estivemos presente fixémolo recordando a todos aqueles que algunha vez acompañáronnos.Hoxe asistiremos tamén ao cocido.

jueves, 6 de diciembre de 2012

UN PASEO PO LA BEIRA DO SIL ( DE OUTEIRO A ESPANDARIZ)

Pasear pola beira do sil é relaxante. Estas imaxes son tomadas en pleno inverno cando o sol 
case alcanza o seu punto mais baixo sobre o horizonte.


picar en >>> http://youtu.be/7-6O9V0YAtg

miércoles, 5 de diciembre de 2012

SAN CLODIO -PARÁPONO TEATRO- ACTÚA NO SALÓN DE ACTOS (O REO)


Fai un días asistimos no salón de actos, que facía a súa presentación, case terminado, a unha obra de teatro. Picando no enlace farédesvos unha pequena idea do que nós vimos.