martes, 31 de julio de 2012

lunes, 30 de julio de 2012

SIN PENSALO

Eu e a Milagros andamos sempre argallando e dándonos bromas , o día da Festa dos Avós púxose diante da cámara e este é o resultado.
 Picar en >> http://youtu.be/eU3pt4fzyvw

domingo, 29 de julio de 2012

Iª CARREIRA DO CIRCUITO DA RIBEIRA SACRA EN RIBAS DO SIL

O pasado día 15 un grupo de corredor@s de diversas idades participaron na primeira carreira popular de Ribas do Sil que tivo como saída e meta a praia fluvial .Forma parte do cicuito da Ribeira Sacra e organízase en diversos concellos desta zona .Nesta series de fotos vense momentos desta carreira que estivo rodeada dun gran ambiente e un día asollado .


martes, 24 de julio de 2012

AS FESTAS DE TORBEO NO CONCELLO DE RIBAS DO SIL


É unha pena ,pensado no económico non no tradicional que un concello pequeno (Ribas do Sil) coincidan en dous nùcleos as festas patronais na mesmas datas e aínda por riba coinciden as de Monforte a gran cidade dos nosos alredores . Antonio tenas xa no seu Blog ""TORBEO"".Canto leva feito tratando de que falen ,do que il quere ,desde aquí colaboramos e dicimos GRAZAS .

lunes, 23 de julio de 2012

SAN PEDRO DA VEIGA SANTA CELEBRA O SEU PATRÒN

De novo os veciños de San Pedro celebraron a festa do seu patrón ,tivemos a sorte de asistir , un pouco tarde ,non puidemos asistir á obra de teatro ,de todos os xeitos sirvan estas imaxes para agradecer o ben que o pasamos .

FESTA DOS AVOS NA PARROQUIA DE SAN CLODIO

INFORMACIÓN DA FESTA DOS AVÒS (AS) PICANDO NA WEB DA PARROQUIA DE SAN CLODIO >>>http://www.parroquiadesanclodio.es/Otros/DiaAbuelos2012.html

viernes, 20 de julio de 2012

SARDIÑADA DE SAN XOAN NA PLAZA DO CONCELLO


Este ano celebrouse unha sardiñada na praza do concello ,non puidemos gravar moito pola falta de iluminación ,presentamos un pequeno vídeo que serve de recordo deses instantes vividos .

miércoles, 18 de julio de 2012

KM.O-FOTOS DA VISITA DOS VECIÑOS DE RIBAS DO SIL A GRANXA ARQUEIXAL


Son as ùltimas fotos da excursiòn que fixemos os veciños de Ribas do Sil co Km.0 algunhas da granxa ecològica "ARQUEIXAL" ,só dúas ,as últimas,pertencen á Igrexa Mosteiro de Santa Maria dá Ferreira de Pallares a cámara dixo ,non dou máis .

lunes, 16 de julio de 2012

1ª CARREIRA POPULAR EN SAN CLODIO (RIBAS DO SIL)

O pasado domingo dia 15 o circuíto de carreira populares da Ribeira Sacra trasladouse a San Clodio ,un día asollado e na praia fluvial comezouse e terminou o circuíto .Esperamos que o próximo ano vólvase repetir ,presentamos hoxe algunhas imaxes ,que dan unha pequña idea do bo que estivo este acto .


































PINCHANDO SOBRE LAS IMÁGENES SE AMPLIAN

domingo, 15 de julio de 2012

jueves, 12 de julio de 2012

FOTOS -RIBAS DE SIL (KM.O)- XANTAR EN PRIDE "PARADA DÁS BESTAS "

Chegamos a Pride ,a verdade é que os que non habiamos estado nunca neste lugar quedamos encantados ,aínda que o ir en autobus ,non nos decatamos como chegamos .O lugar limpo ,fermoso e moi ben coidado o comedor ensinounos que artistas eran os carpinteiros galegos que moitas veces non podía vivir de traballar só a madeira "Parada dás Bestas" un comedor no que parece que formas parte da natureza .Comida e bebida abundante e un camareiro que soiño atendeunos a todos con moita soltura .


Picar en >> http://youtu.be/K2o9iPp0GnA

sábado, 7 de julio de 2012

RIBAS DO SIL VISITA IGREXIA MONASTERIAL DE SANTA MARIA DA FERREIRA DE PALLARES KM.O

Aínda que o autobús fixo un alto en Guntín para que pudieramos acougar a sede ,a nosa última visita co Km.O foi á Igrexa de Santa Maria dá Ferreira ,unha Sra. moi amable abriunos a porta e puidemos visitar a Igrexa e o Mosteiro e de novo puidemos admirar o que a xente daquela época lograba con poucos medios . Trataremos de presentar un resumo de fotos da viaxe que os veciños de Ribas do Sil fixemos o 19 de Xunio do 2012 .

viernes, 6 de julio de 2012

OS DE RIBAS DE SIL VISITARON A GRANXA ARQUEIXAL -ALBÁ- PALAS DO REI KM.O LUGO

Logo da comida ao autobús ,deixámonos sorprender de novo e chegamos a un lugar pra min ideal ,sempre pensamos que as persoas non necesitamos tanto pra vivir .Pero bo non imos falar de nós ,senón do que vimos , de que alguén esta realizando o que desexaches . Deixèmoslos falar e  nos escoitar que son cousas e palabras pra pensar .Os pobos pequenos formamos tamén parte da vida rural de Galicia ,pero esta xente é das que verdadeiramente loitan polo Rural ,tiñamos que apoialo xa fai tempo ,esperemos que non sexa tarde .


PICAR EN >>> http://youtu.be/Hn3XYTMBZDw



OS DE RIBAS DO SIL XANTARON NA PARADA DAS BESTAS -PRIDE- PALAS DO REI (KM.0)


Unha vez visitado o castelo de Pambre tiñamos todos algo de apetito quedamos sorprendidos ao baixar do autobús ,unha zona rural coa súa casas de pedra restauradas ,piscina e un comedor que che fai sentir como parte do entorno ,bo servizo ,comida e bebida ,quedamos satisfeitos e con ganas de coñecer algo mais .


jueves, 5 de julio de 2012

RIBAS DO SIL VISITA O CASTELO DE PAMBRE -PALAS DO REI- (KM.O)


Visitamos tamén o Castelo de Pambre (Palas do Rei)  unha pena que parte del este medio ruinoso .Terìamos que recuperar todos estes monumentos xa que pra ben ou mal forman parte da vida dos nosos antergos ,seguro que en parte apoiaron a opresión pero para iso esta a historia e dela temos que aprender a mellorar .

PICAR NO ENLACE >>>
>>http://youtu.be/KwsCNucEQUU


RIBAS DO SIL Iª CARREIRA POPULAR DO CIRCUITO DA RIBEIRA SACRA


Decatámonos onte a través da prensa e hoxe a través da páxina web do concello que o próximo dia 15 haberá por primeira vez en Ribas do Sil unha das carreiras populares que se celebran nos distintos concellos da Ribeira Sacra desde fai algúns anos .Alegrámonos ,xa que cremos que este ano o verán pasará sen pena nin gloria , non haberá practicamente actividades culturais ,bo iso deixarémolo para os próximos dias ,hoxe alegrámonos con todos os deportista que participen nesta carreira poidan coñecer uns camiños que non todos andamos todos os días .



A RIBEIRA SACRA COMEZA EN RIBAS DO SIL


Fomos compañeiros de nenos ,alegrámonos todavia que cada un mellore o mundo que lle rodea dentro das circunstancias que lle tocou vivir .Sabemos que che alegras do que podes facer e oxalá o podamos seguir convivindo .


PICAR NO ENLACE>>

VISITANDO A IGREXA DE VILAR DE DONAS (PALAS DO REI)


Visitamos co Km.0 a igrexa de Vilar de Donas (Palas do Rei) ,esta situada no camiño de Santiago unha igrexa que nos deixou gratamente sorprendidos a calidade do vídeo deixa que desexar pola pouca claridade que habia no interior .

PICAR NO ENLACE >>>>

miércoles, 4 de julio de 2012

RIBAS DO SIL VISITA A OLERÍA DE BONXE CO KM.O 19-07-2012

Saímos de Lugo rumbo a Bonxe ,estivemos visitando a Olerìa e as súas instalacións ,demostráronnos como co barro pódense fabricar obxectos que chaman a atención .

PICAR NO ENLACE >>>
>>> http://youtu.be/de7kjSYVjmU

martes, 3 de julio de 2012

DE RIBAS DE SIL A LUGO CO KM.O PRA COÑECER NOSA PROVINCIA


Un grupo de xente de Ribas do Sil participamos de novo nunha excursión do Km.0 que organiza a deputaciòn ,chegamos a Lugo e alí na sala de plenos ,xunto cun grupo de Villalba ,tomamos parte nunha charla onde nos explicaron as partes positivas que teñen estas viaxes ,moitos de nós non habiamos estado nesta zona que coñecimos por primeira vez .

PICAR NO ENLACE >>>>

CHEGANDO A SAN PEDRO


Camiñando cara a San Pedro (Veiga Santa) adiantounos o tren algunhas imáxenes continuas e parece que o tren móvese ,por certo moi boa Festa .
Picar no enlace >>
>>>> http://youtu.be/vTYAEYvmpC4

lunes, 2 de julio de 2012

CAAAMMMPEEOONEESS


Algunhas veces dicir algo sen querer faltar ,non é fácil ,pero cremos que hoxe podemos dicir !!!! OOOOOOLEEEEEE !!!!! .