miércoles, 14 de abril de 2010

ALGO NOVO



Falta pouco para que no noso concello se inagure a zona de Caravanas , desexamos que sexa unha mellora para as zonas rurais de Galicia , de todos estes concellos que tocan , ou ven ,a ribeira do Sil .Pisados polos antigos habitantes desta parte da nosa redonda terra ,que é unha pequena parte do universo onde habitamos . A patria de todos os seres human@s e chámase TERRA .



Publicado En Común ----Foto e Texto de pablodarribadavia

jueves, 8 de abril de 2010

3ª FESTA DO ARBO EN SAN CLODIO


As árbores as flores , todas os vexetais , son imprescindibles para a vida sobre a orbe da terra , sexa como alimentación ou como purificadores da atmosfera que todo os seres vivos necesitamos para sobrevivir . Hai que agradecer que a CMVC de San Román e Pumares , barrios de San Clodio , organice este ano por terceira vez "A FESTA DO ARBOL" en colaboración ca concelleria de medio ambiente e a participación do colexio público de San Clodio . Os nenos de San Clodio vivirán un día especial e seguro que dentro duns anos recorreran o monte recordando este día .

PROCESIÓN DE SEMANA SANTA EN SAN CLODIO

martes, 6 de abril de 2010

AFORRANDO


Seguen empeñados os que gobernan a Galicia en destruír a vida na zonas rurais , sobre todo na zona sur da provincia de Lugo . Primeiro rebaixar o persoal no hospital comarcal de Monforte de Lemos . Agora tócalle a vez aos grupos escolares de San Clodio , Pantón e Incio onde se suprimirá persoal no comedor escolar será porque nestes concellos sobrán os postos de traballo e por suposto tamén a mocidade . Seguramente levarán aos empregados á capital , Santiago, que é onde viven os señoritos que nos gobernan . Devanditos señoritos que han empledo e seguen empregando as axudas que reciben da EU , así nos vai , senón que se dean un paseo polo rural ,os zapatos seguro que non se lle mancharán . Pois ben , agora seguro que montan un catering e veñen eles mesmos a ensinar aos escolares a comer e de paso aproveitan para fregar os pratos ,así seguro que aforrarán posto de traballo e diñeiro que poderán devolver ás entidades da EU .

Artículo de "LA VOZ DE GALICIA" Texto de Pablo Vidal