lunes, 10 de agosto de 2009


Aínda que parece que andamos sempre os mesmos camiños , os nosos sentidos atopan algo distinto . Sirva senón de exemplo esta imaxe captada un atardecer en San Clodio,seguro que todos nós pasamos cento de veces por aquí pero esta imaxe tivo un momento que foi marabilloso . O ceo entre claro e escuro case xa escurecido , nese preciso momento crúzase no ceo ese avión . As árbores sen follas e a sombra das casas onde vive xente. Aproveitemos todos os momentos que parece que non teñen sentido , pero se poden converter en marabillosos .

Fotos y texto Pablo Vidal

PAGINA WEB EN CONSTRUCCION

CLICKEAR EN EL TÍTULO SE VA A LA PÁGINA WEB


domingo, 9 de agosto de 2009

" O SUSO DA ROTEA "

PICANDO SOBRE AS IMAXES AMPLIARANSE .







Non fai moitos días que mencionabamos un libro escrito por "O Suso da Rotea" e que foi presentado nunha das diversas festas que se celebran en San Clodio. Agradecemento para todos aqueles que colaboraron para que este libro se poidera publicar , sen esquecernos do plan Leader da E.U., organismo creado para que os paises con menos medios ecónomicos poidan desarollar a súa cultura entre outra cousas. Publicaremos de vez en cando algunha páxina deste libro , para demostrarlle ao seu autor o noso agredecemento e admiración .

viernes, 7 de agosto de 2009

SAN CLODIO ESTACION VERDE SEGÚN EL ADIF


Todos aqueles que recordamos o asubío e o son das locomotoras de vapor en San Clodio , sabemos o ambiente que o pobo débelle ao tren e á estación . Viñeron logo as diesel , aqueles que eramos nenos naquela época , vemos aínda a estación abarrotada de xente , baixaron os maquinistas ,que aos nenos parecíannos heroes, falaron coa xente subiron á máquina e o tren perdeuse de vista non nos dabamos conta que empezaba unha nova época
O Sr.Alba merece outros capítulos aparte.

HAZ CLICK EN EL TÍTULO ENTRARÁS EN LA WEB DE ADIF .

jueves, 6 de agosto de 2009




Calquera día do pasado inverno paseando por San Clodio en dirección "A Granxa", un día asollado como se pode apreciar na imaxe atopeime cun grupo de amigos , podería ata ser unha familia , non discutian entre eles , ao contrario, atoparan un recuncho de paz . Estes animalitos , gatos para mellor decir , dannos unha lección de que se non necesita moito para ser ser feliz , un raio de sol en pleno inverno e un recunchiño tranquilo e sen ruídos .

Texto .Pablo Vidal

CAPTACIÓN DE AGUAS





Jesús Arias Fernández , el Suso de la Rotea , para aquellos que le conocemos desde niño . Que ha publicado un libro sobre Ribas do Sil , nos envía unas fotos sobre la presa de captación de aguas para la nueva traída de San Clodio , dice que probablemente estará en funcionamiento en Agosto . Gracias por sus fotos y por tirar tanto por este pueblo, que todos queremos .

Pablo Vidal