sábado, 7 de agosto de 2010

AS UVAS


Queiramos ou non estamos a mediados de verán , un pouco anormal se pensamos no clima . Aquí á beira do Sil , Riba do Sil , tratamos de relaxarnos, conseguímolo case sempre. Pásamos un susto vendo voar os helicópteros pegados aos niños das cegoñas , pensabamos nos veciños de Parteme e na natureza . Alegrámonos na festa parroquial , homenaxe aos avos(oas) , asistimos a algúns actos culturais e para rematar falaremos das uvas , a colleita do 2010 non será moi boa , debido ao frío de fai uns meses . Xa maduran as uvas , dicía a xente , que sempre sería un bo ano , se o 15 de Agosto despois do banquete das Festas a sobremesa se remataba cun acio de uvas . BOAS FESTAS DA NOSA PATROA PARA TODOS .

Texto y Fotos pablodarribadavia

domingo, 1 de agosto de 2010

AMIZADES

FOMOS
IGUIAIS EN MOITO,
DISTINTOS EN ALGO .
DISTINTAS IDADES
RESPECTO MUTUO,
E BOS IDEAIS.
ALGÚNS SE FORON
E OUTROS QUEDAMOS,
PENSANDO NESES,
QUE XA NOS DEIXARON.
AMIGOS FOMOS,
AMIGOS QUEDAMOS,
QUE O MUNDO XA TEÑA,
O QUE NA AMIZADE,
SEMPRE DESEXAMOS.


Foto de Antonio Vidal--Texto Pablo Vidal
(pablodarribadavia)

"O URÓLOGO" ACTUACIÓN DEL GRUPO DE TEATRO DE RIBAS DO SIL EN SAN PEDRO 3ª