sábado, 28 de abril de 2012

5ª FESTA DA ARBORE EN SAN CLODIO (LUGO)


Fai xa uns dias que se celebrou a 5ª edición da festa da "ÁRBORE" en San Clodio , organizada pola 
Comunidade de Montes en Man Común de Pumares 
e San Román .Invitouse aos nen@s da escola a participar nun concurso de fotografía ,un labor que serve para que os pequen@s capten con outros ollos o mundo que os 
rodea ,do que formamos parte os humanos e a 
natureza ,mostramos hoxe unha imaxes destes actos e nos próximos días ampliaremos a información con mais imaxes e vídeos .










PICADE NAS IMAXES AUMENTARÁN


A TROITA DO "TINERO"


Levamos xa algunhas semanas coa veda de pesca 
aberta ,ata agora non foron moi abundantes as capturas .O noso amigo "TINERO" foi a excepción ,presentamos aquí unha foto que recibimos por Internet .


Clickeando na imaxen aumentará

miércoles, 11 de abril de 2012

LA PASIÓN ESCENIFICADA EN SAN CLODIO (VIERNES SANTO DEL MMXII)


Por primeira vez A Parroquia de San Clodio representou unha escenificación da Paixón na que participaron un grupo de persoas que colaboran habitualmente cos actos que se celebran nesta parroquia . Debido ao mal tempo ,a representación levouse a cabo no pavillón deportivo do grupo escolar . Presentamos un pequeno vídeo pra que nos podamos facer unha pequena idea deste evento .


PICAR EN >>>
>>> http://youtu.be/RO-yKCEKcZA




lunes, 9 de abril de 2012

ALGO NOSO


Homes e mulleres que colaboran coas actividades do noso pobo ( San Clodio -Lugo- ) facemos o que podemos .



miércoles, 4 de abril de 2012

PEREGRINACIÓN DE LA PARROQUIA DE SAN CLODIO A COVADONGA



CLICKEANDO SOBRE LAS IMÁGENES AUMENTARÁN

A PROCESIÓN DE RAMOS DO MMXII PARTE DESDE A PONTE DE FERRO


Presentamos hoxe un vídeo que é diferente ,nin os mais vellos do lugar recordan que o Domingo de Ramos unha procesión percorrese o pobo ,se engadimos que saíu da Ponte de Ferro chegamos á conclusión que foi un detalle que deixa unha marca na historia de San Clodio .Moitos de nós que celebramos algún evento ,algunhas veces triste sabemos o que significa esta Ponte para a cultura do noso pobo ,a nosa Ponte mais o ferrocarril foron as portas que nos sacaron da soidade e serviron para unirnos ao mundo .

PICAR NESTE ENLACE >>http://youtu.be/CovNGieXel0




lunes, 2 de abril de 2012

PROCESIÓN DE RAMOS EN SAN CLODIO (LUGO) 01-04-2012


Temos que recoñecer que a parroquia de San Clodio ,leva varios anos creando actividades que cada vez son mais variadas e de mellor calidade .Excursións ,concertos ,
representacións .Recordamos con especial admiración a alfombra floral do Corpus do pasado ano .Moitas administracións deberían de pasar por eiquí para aprender o que pode alcanzar un grupo de persoas unidas e que moitas veces non teñen os medios suficientes .Mais logran transformar os seus proxectos en realidades .






PICANDO NA IMAXENES AUMENTARÁN