martes, 6 de abril de 2010

AFORRANDO


Seguen empeñados os que gobernan a Galicia en destruír a vida na zonas rurais , sobre todo na zona sur da provincia de Lugo . Primeiro rebaixar o persoal no hospital comarcal de Monforte de Lemos . Agora tócalle a vez aos grupos escolares de San Clodio , Pantón e Incio onde se suprimirá persoal no comedor escolar será porque nestes concellos sobrán os postos de traballo e por suposto tamén a mocidade . Seguramente levarán aos empregados á capital , Santiago, que é onde viven os señoritos que nos gobernan . Devanditos señoritos que han empledo e seguen empregando as axudas que reciben da EU , así nos vai , senón que se dean un paseo polo rural ,os zapatos seguro que non se lle mancharán . Pois ben , agora seguro que montan un catering e veñen eles mesmos a ensinar aos escolares a comer e de paso aproveitan para fregar os pratos ,así seguro que aforrarán posto de traballo e diñeiro que poderán devolver ás entidades da EU .

Artículo de "LA VOZ DE GALICIA" Texto de Pablo Vidal

1 comentario:

Roque Soto dijo...

É unha mágoa que se manteña en pé esa visión centralista tamén desde a Xunta de Galicia que non se digna en buscar unha solución viable ao despoboamento do rural, unha solución que non sexa folclórica e parcial, senón viable. obxectiva y mirando por o ben de todos aos que aínda habitan fóra das cidades, quenes teñen opinión e ideas para que se leven a cabo.

Unha aperta