martes, 27 de agosto de 2013

A VUELTA A ESPAÑA ROZA TAMÉN RIBAS DO SIL (LUGO)

Anque non apareza o nome de Ribas do Sil en ningún medio de comunicación ,as bicicletas da Volta a España rodarán durante un curto traxecto ,pola terra deste concello.



EFE 27/08/2013 18:55
Fisterra (A Coruña), 27 ago (EFE).- A Volta a España, coa clasificación xeral moi apertada, márchase mañá de Galicia rumbo á comunidade de Castilla e León para chegar ás proximidades do Lago de Sanabria (Zamora) logo de percorrer 174,3 quilómetros nunha xornada de media montaña.
O perfil seguirá sendo moi parecido ao dos dous últimos días, aínda que nesta ocasión podería darse un esprint xa que o final da etapa non é na Lagoa dos Peixes, como é tradicional nesta zona, senón en Galende e moi preto dunha das praias do Lago de Sanabria.
Os equipos dos velocistas terán unha oportunidade, das poucas que hai nesta Volta 2013, para que algún das súas "llegadores" poida anotarse un triunfo parcial.
5ª etapa: Sober-Lago de Sanabria, 174,3 kms. Media montaña.
Quilómetros 79,5, Alto de Covelo (3ª categoría)
Quilómetro 143 Alto do Padomelo.

No hay comentarios: