miércoles, 30 de enero de 2013

A CUBELA FESTA DE SAN ANTÓN A BEIRA DO SIL 2ª

Algunhas veces non sabe un explicar o que son os sentimentos ,non quero prolongarme moito insistindo sobre este tema .Hoxe as miñas letras son de agradecemento para todos os que temos algo que ver esta parte da terra que nos viu nacer .Falo personalmente por min ,desde que asisto á festa da Cubela situada nun meandro dun rio unico ,o Sil, recupérome de todos os meus males. Este ano contáronme que era unha das zonas mais ricas da beira do noso rio ,xa que ao estar próximo á beira de rio Lor ,non só alimentaba ás súas xentes xa que lle sobraban toda a clase de pesca de auga doce ,por este motivo ían vendelo á "gran cidade daquela época" Monforte ,fartos e con algún diñeiro no peto .Non sempre as riquezas do noso pais foron ben empregadas .A nosa terra non só é a costa e as cidades ,tamén somos persoas os paletos e tamén forman parte do mundo o interior cos seus vales ,rios ,arroios e montes .Menos queixumes e tratemos que a mocidade quédese no interior .Menos doutores e mais xente que lle dean 
medios para quedar na súa terra.

Picar enhttp >>>> http://www.youtube.com/watch?v=6DrSpXRHerY 

No hay comentarios: