lunes, 18 de junio de 2012

OS FLAVIAS DE SARRIA ACTUARON NA Xª FESTA DA CEREIXA DE SAN CLODIO (LUGO)

 O segundo día da Xª Festa da Cereixa chegamos un pouco tarde ás actuacións do mediodia ,mellor dito cando chegamos non podimos ver ningunha ,nun pobo pequeno que non ten moitos actos se coinciden dous ,tes que decidirte por un .O que isto escribe estivo vendo a alfombra floral e é ben certo que non se pode estar en dous sitios ao mesmo tempo ,pensamos que os actos da Igrexa sempre están programados ,os domingos ,ás doce da mañá ;os outros actos do pobo ,sempre que sexa posible ,deberian adaptarse a este horario porque os que van á Igrexa tamén lle gustan ver e oir os gaiteiros ou as pandereiteiras .Bo a tarde pouco tivo que ver pois ata o campionato de Futbol de Europa que venia incluído no programa non se puido ver na praia fluvial . Logo chegou o atardecer ,marabilloso ,á beira do Sil ,e Os Flavia un grupo de Sarria que os veteranos coñecemos desde fai moitos anos alégronos cos seus sons e fixérono ,segundo a opinión do que isto escribe ,dun xeito admirable son ritmos e cancións que foron moi populares e fannos recordar os vellos tempos . Quizais faltou algún tipo de música para atraer á mocidade ,resumindo unha festa boa ,pero que con pequenos detalles pódese mellorar .



PICAR NOS ENLACES
OS FLAVIAS 1ª PARTE >>
>> http://youtu.be/x-xa-9nBTOA
OS FLAVIAS 2ª PARTE >>


No hay comentarios: