miércoles, 25 de noviembre de 2009

SAN CLODIO--------->LUGO--------->SAN CLODIO

Ir a Lugo aos finais dos cincuenta era como coller unhas vacacións hoxe en día , motivo de alegría e desexo de ver algo novo . A estación ,a espera ,a chegada do tren, faltaba tempo para subir,case tres horas de camiño que un non aguantaba sentado nos duros asentos de madeira dos vagóns de terceira, tragando o fume que se coaba no interior ao pasar por algún tunel. Chegada a Lugo ,subir as escaleiras e de súpeto as maxestuosas murallas, que tantas xeracións de lucenses vira pasar .As rúas o parque ,durmir no Paramés , aquí almorzábase ,as tapas e a comida nalgunha taberna ou restaurante. O cine logo pola noite chamar "O Senero" para que abrise a porta do Paramés .Deixar limpar os zapatos ,admirando a aqueles artistas que sentaban diante dun ,nas súas pequenas banquetas .Logo o regreso ,quedando no recordo os marabillosos intres que se habian vivido e na cámara fotográfica unha chea de fotos que o Antonio disparaba en culquier esquina da cidade .


Fotos de Antonio Vidal- Texto de Pablo Vidal

1 comentario:

Unknown dijo...

Como me lembro de ver que hay persoas que se recordan da nosa terra.
Pra escomezar direi que eu nacin e crieime na aldea das Fontes ala no alto de serra da Moa.
O meu xeito fun moi feliz, anque me pasei a miña edade escolar camiño abaixo e camiño arriba pra ir a escola a Vilariño.
Logo cando cumprin os 18 anos quixen probar sorte a marcheime polo mundo.
Recordome que o fixen chorando camiño de estación de San Clodio e como decía Rosalia "A dios Rios a Dios Fontes a dios regatos pequenos adios vista dos meus ollos non sei cando nos veremosl"
E por culpa da maldita emigración oxe no queda niguen da miña edade en todalas aldeas daredor , que por certo está abandoada e que peniña me da cada vez que chego e vexo aquela aldea de donde se divisa todo o macizo de caurel que oxe e unha aldea fantasma.
Un abrazo a todos os galegos en espcial os de Rivas do Sil que e a miña terra nai.