martes, 30 de agosto de 2011

GALIZA NON É O MEDITERRÁNEO



Segundo contáronme cando era neno , o comenzos 
das grandes obras hidraúlicas da "Península Íberica" , 
tiveron o seu principio en Galiza . Quizais para entender isto deberíase dar os primeiros pasos á beira do Sil. A primeira presa e central tansformadora con gran potencia para a súa época foi a de Sequeiros , logo seguiron varias máis entre elas a de San Estevo . Nesta época a xente non podìa esixir , ao contrario estaban conformes que os seus fill@s tivesen dereito a unha faragulla de pan . SALTOS DO SIL foi unha empresa pioneira na súa época , melloróu o nivel de vida de moitas familias , algúns dos seus membros chegaron a ser figuras revelantes , dentro as empresas construtoras que realizaron estas obras . SALTOS DO SIL fai xa anos que desapareceu , comprada por outros empresas que hoxe en día son multinacionais . Actualmente soben o recibo da luz cando se lle apetece , as beiras dos río son da súa propiedade , os poboados dos traballadores desaparecen , creados moitos deles en terreos case roubados , os antigos propietarios non contan . 
Se os nosos av@s puidesen levantar a cabeza seguramente se preguntarían 
                               ¿MERECEU A PENA?

Seguiremos comentando

                               Para ver Clickear en >>


     >>> http://www.youtube.com/watch?v=JvVIrdFDcVU







No hay comentarios: