miércoles, 31 de octubre de 2012
lunes, 29 de octubre de 2012
" SAMHAIN" ORIXE DE HALLOWEEN
Halloween ten a súa orixe nunha festividade céltica coñecida como Samhain, que deriva de irlandés antigo e significa fin do verán. Os antigos britanos tiñan unha festividade similar coñecida como Calan Gaeaf. No Samhain celebrábase o final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano novo celta», que comezaba coa estación escura.
Os antigos celtas crían que a liña que une a este mundo co Outro Mundo estreitábase coa chegada do Samhain, permitindo aos espíritos (tanto benévolos como malévolos) pasar a través. Os devanceiros familiares eran invitados e homenaxeados mentres que os espíritos daniños eran afastados. Crese que o uso de traxes e máscaras débese á necesidade de escorrentar aos espíritos malignos. O seu propósito era adoptar a aparencia dun espírito maligno para evitar ser danado. En Escocia os espíritos foron suplantados por homes novos vestidos de branco con máscaras ou a cara pintada de negro.
O Samhain tamén era un momento para facer balance das subministracións de alimentos e o gando para prepararse para o inverno. As fogueiras tamén desempeñaron un papel importante nas festividades. Todos os outros lumes apagábanse e en cada fogar acendíase unha fogueira na cheminea. Os ósos dos animais sacrificados lanzábanse á fogueira.
Outra práctica común era a adiviñación, que a miúdo implicaba o consumo de alimentos e bebidas.
domingo, 28 de octubre de 2012
FESTAS DE SANTA LUCÍA EN RAIROS
PICAR NA IMAXE AUMENTARÁ
jueves, 25 de octubre de 2012
miércoles, 24 de octubre de 2012
1ª ROMERIA DA IRMANDADE EN SOUTO (RIBAS DO SIL) LUGO 3ª Parte
Con este vídeo damos por terminada esta pequena serie que dedicamos á Romería da Irmandade en Souto a nosa opinión é que foi un éxito. O noso agradecemento persoal,pensamos que compartido, a Bea e Samuel, desexamos que de novo graven un disco en común, felicitamos a todos os que dedicaron parte do seu tempo libre a organizar e traballar para que este evento fose unha realidade. Proximamente presentaremos unha montaxe de fotos.
PICAR EN>>>http://youtu.be/p7Drj7ymPaw
PICAR EN>>>http://youtu.be/p7Drj7ymPaw
1ª ROMERIA DA IRMANDADE EN SOUTO (RIBAS DO SIL) LUGO 2ª Parte
Neste vídeo da Romería de Irmandade en Souto, podemos apreciar como os gaiteiros tanto de Quiroga como de Agolada se mesturan para alegrarnos cos seus sons e todos os que tivemos a sorte de estar alí tamén o fixemos e desexamos que dentro dun ano podamos compartir de novo estas sensacións.
PICAR EN >>> http://youtu.be/Aw_Tu-kHMBU
PICAR EN >>> http://youtu.be/Aw_Tu-kHMBU
1ª ROMERIA DA IRMANDADE EN SOUTO (RIBAS DO SIL) LUGO 1ª Parte
Pódese afirmar que na Romaría dá Irmandade en Souto houbo unha organización case perfecta ,era con seguridade a primeira vez que se xuntaba tanta xente neste lugar.As mesas ben montadas e cada un sabía onde tiña a súa praza ,non faltou o polbo e os que atenderon o posto de bebidas fixérono con dilixencia e simpatía unha comida que certamente se pode chamar de irmandade pois entre os diversos grupos repartíase a comida e a bebida. Presentamos hoxe o segundo vídeo esperando que sexa de voso agrado.
PICAR EN >>> http://youtu.be/NstSaZpu91M
PICAR EN >>> http://youtu.be/NstSaZpu91M
martes, 23 de octubre de 2012
SAN CLODIO FESTAS DO PATRÓN MMXII
Aproxímanse as festas do noso Patrón ,copiamos a información que temos ata agora .Mesturamos varias imaxes e esperemos que o bo tempo nos acompañe ; !oxalá ! teñamos un día tan asollado como onte martes 23-10 .
PICAR EN >>http://youtu.be/YrgEyMAeh1c
PICAR EN >>http://youtu.be/YrgEyMAeh1c
lunes, 22 de octubre de 2012
SEQUEIROS (QUIROGA) -LUGO-
Pinchando sobre las fotos aumentarán
La iglesia vista desde el puente ,se ve la casa que fué de mi abuel@
La via del tren hacia Monforte
Dirección Ponferrada
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









