lunes, 3 de septiembre de 2012

A RODA XA NON TÉN A FITO


Logo de deixar a emigración ,vivir algúns anos en Vigo e pasear a miúdo polo Guixar vendo o estaleiro Vulcano,non coñecín alí a Fito Domínguez .
Nas pasadas festas de Quiroga atravesei o Sil coa intención de oir a súa voz e a música do seu grupo en directo e quedei prendado ,quizais os emigrantes sintamos Galicia dun xeito diferente .Entrei no bar Portón e alí estaba Fito refrescando a súa boca logo da súa actuación ,cruzamos unhas cantas palabras e eu que coñezo Teis deille a miña opinión ,díxenlle que me gustaría volver escoitar a súa voz e quedamos volver vernos. Que dura é a vida primeiro a súa compañeira e agora Fito ,entre a Moa e o Caurel xa non volverá soar a túa voz .Fito mereceu a pena oir a túa voz charlar contigo e atravesar o Sil rumbo a San Clodio ,se volvo pisar Teis acordareime de ti .

La Voz de Galicia > http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/09/03/aparece-muerto-domicilio-vigo-fito-dominguez-fundador-roda/0003_201209G3P25995.htm

viernes, 31 de agosto de 2012

FOTOS DA FESTA DA PATRONA

Quedaban sen publicar as fotos da Procesión da Patroa ,a verdade é que en you tube perden calidade pero serìan demasiadas para subir o Blog ou a Facebook ,de todas as maneiras subiremos algunhas un día destes .

lunes, 27 de agosto de 2012

jueves, 23 de agosto de 2012

COPIANDO A ANTONIO

De novo copiamos algo do blog de Antonio "TORBEO" ,os veciños desta zona celebraron as súas Festas Patronais .Antonio sempre expondo o positivo da súa patria moza ,veremos aquí a súa última publicación ,aconséllovos que pincheis de cando en vez na súa blog e nós seguirémolo copiando .




lunes, 20 de agosto de 2012

DIA DA PATRONA DE PALCO A PLACO REMATANDO NO GUERRA

O día DA PATROA andivemos de palco a palco para ver as actuacións de grupo "INTUICIÓN" e a orquestra "CHARLESTON BIG BAND" unha vez finalizada fómonos  o " GUERRA" e alí estivemos case ata o amencer .


sábado, 18 de agosto de 2012

COCHES DE CHOQUE EN SAN CLODIO

Houbo nas festas da Patroa coches de choque inchables e varias atraccións máis ,os nenos necesitan tamén actos culturais e ata aqueles que veñen dos arredores ,doutro rexións ou paises queren contarlles aos seus familiares coñecín os gaiteiros e charangas polas rúas de San Clodio e non pasear unha tarde enteira case sen ver o ferrocarril .Se a min autorízanme a ter algo para os nenos no pobo e ponme a competencia autorizada á beira ,negaríame a colaborar .

Picade na imaxes aumentarán







DESDE SAN CLODIO A TORBEO NA BICICLETA (MMXII)

Este ano non puidemos subir a Torbeo ,conformámonos con ver como estes atletas afecionados ,que se enfrontar a un traxecto moi duro ,saían da praza do concello e perdíanse no paso a nivel quedamos con pena e sabendo que esta ocasión non ivamos ver Torbeo .

PICAR EN >> http://youtu.be/q86nTKpQHTM

viernes, 17 de agosto de 2012

O 17 FALANDO DO 16 DE AGOSTO .


É verdade que eu son o primeiro cabezón ,pero opino que se un ten a razón ,hai que falar e non berrar e algunhas persoas berran e non che deixan falar . Todas estas palabras veñen resumir un suceso que este atardecer sucedeu no bar Guerra ,chamábanme mentireiro porque dicían ás doce do mediodía non funcionaban o inchables o dia16 ,os reloxos do concello non menten ,un de corda e outro dixital .Na panóramica vese o "Mouro" que está mirando á súa nena ,hai que aprende a escoitar e non clasificar á xente porque teña unha opinión diferente á túa

PICANDO NAS IMAXES AUMENTARÁN


ANTES DA MISA

ANTES DA MISA

DESPOIS DA MISA

DESPOIS DA MISA

DESPOIS DA MISA





miércoles, 15 de agosto de 2012

PROCESIÓN DO 15 DE AGOSTO DO 2012 EN SAN CLODIO

Hoxe ao mediodía saíu de novo a procesión desde a Igrexa Parroquial ,deron a tradicional volta ao pobo ,participou bastante xente cun tempo apracible .Presentamos este vídeo que nos dá unha pequena idea deste acto .

PICAR EN >> http://youtu.be/sri9Pg5U2jw