viernes, 9 de noviembre de 2012

COUSAS DE NOVEMBRO EN SAN CLODIO




PICANDO NA FOTO AUMENTARÁ

MISA E COMIDA POPULAR DA FESTA DO PATRÓN -SAN CLODIO (LUGO) OUTUBRO DO 2012


As Festas do noso Patrón, coincidiron a principios de semana e a pesar de ser festa local notouse, de todas as maneiras pensabamos que á comida popular ía asistir menos xente. Na igrexa faltaron os nenos, algúns están estudando no I.E.S. Quiroga e aquí, non é festa local. De todas as maneiras estrañamos as Gaitas, polo menos deberían soar o saír ou durante a Misa ,dedicada o que lle dá nome a estes festexos.  Unhas imaxes para que se poida formar a idea de que  áqueles asistimos pasámolo ben.

Picar en >>> http://youtu.be/NlmGwcraFIg

jueves, 8 de noviembre de 2012

OS GAITEIROS EN SAN CLODIO 30-10-2012 FESTA DO PATRÓN


O día 30 camiñabamos pola rúa do Ferrocarril e de súpeto oímos o son duns Gaiteiros ,apurámonos para entrar no Bar Central quedámonos sorprendidos e alegres o ver o Grupo que creaba esta música tn propia do noso país, acompañándolles fixemos un percorrido por algúns bares de San Clodio , non sabemos se Os Gaiteiros estiveron nos que faltan ,espero que se o fixesen, deixaban alegría cos sons dos seus instrumentos.

PICAR EN >>> http://youtu.be/ndvxO8Cj7oI

martes, 6 de noviembre de 2012

31 DE OUTUBRO EN SAN CLODIO FESTA DA 3ª IDADE


Bo este ano non subiremos tantos vídeos e fotos da Festa de Patrón ,o primeiro que subimos é un vídeo do 31 día dedicado a os nosos maiores pensamos que os recortes, algunhas veces recortan os postos de traballo e con iso a alegría de moitas persoas, temos que tratar que todos teñan un posto de traballo digno, sirva este vídeo como agasallo ás persoas ás que foi dedicado este día.

PICAR EN >>> http://youtu.be/wcplgmG2K9o

miércoles, 31 de octubre de 2012

PATRÓN 2012


Traballaron pra pór as mesas,coincidiu a mediados da semana quizais sexa o motivo que non asistísemos tantos como outros anos de todas as maneiras gozamos convivindo un día que desexamos que se repita o próximo ano.


PICANDO NAS IMAXES AUMENTARÁN






lunes, 29 de octubre de 2012

" SAMHAIN" ORIXE DE HALLOWEEN


Halloween ten a súa orixe nunha festividade céltica coñecida como Samhain, que deriva de irlandés antigo e significa fin do verán. Os antigos britanos tiñan unha festividade similar coñecida como Calan Gaeaf. No Samhain celebrábase o final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano novo celta», que comezaba coa estación escura.
Os antigos celtas crían que a liña que une a este mundo co Outro Mundo estreitábase coa chegada do Samhain, permitindo aos espíritos (tanto benévolos como malévolos) pasar a través. Os devanceiros familiares eran invitados e homenaxeados mentres que os espíritos daniños eran afastados. Crese que o uso de traxes e máscaras débese á necesidade de escorrentar aos espíritos malignos. O seu propósito era adoptar a aparencia dun espírito maligno para evitar ser danado. En Escocia os espíritos foron suplantados por homes novos vestidos de branco con máscaras ou a cara pintada de negro.
O Samhain tamén era un momento para facer balance das subministracións de alimentos e o gando para prepararse para o inverno. As fogueiras tamén desempeñaron un papel importante nas festividades. Todos os outros lumes apagábanse e en cada fogar acendíase unha fogueira na cheminea. Os ósos dos animais sacrificados lanzábanse á fogueira.
Outra práctica común era a adiviñación, que a miúdo implicaba o consumo de alimentos e bebidas.

PICAR NA IMAXE AUMENTARÁ


domingo, 28 de octubre de 2012

FESTAS DE SANTA LUCÍA EN RAIROS

Este ano os veciños de RAIROS (Ribas do Sil) animáronse e a semana seguinte de Santa Lucía terán unha festa na que se poderá bailar, logo de gozar dun bo cocido. Recordamos que de neno, asistiamos sempre a esta misa, prometidos por algún familiar, sobre todo os que tiñamos algún problema na vista. O cartel  anunciador xa está está na rúa, así debería ser con todas as festas, anuncialas coa suficiente antelación.

PICAR NA IMAXE AUMENTARÁ







FESTAS DO PATRÓN 2012


picando sobre la imagen aumentará


jueves, 25 de octubre de 2012

FIN DE OUTUBRO MMXII --CIRCO E FESTA DO PATRÓN--


Fin de Outubro ocupado, primeiro visítanos o circo Alves ,uns días mais tarde celebramos a festa do noso Patrón ,saímos un pouco do cotián e querémolo expresar con algunhas imaxes que non podemos ver todos os dias.

PICANDO NAS IMAXES AUMENTARÁN




















miércoles, 24 de octubre de 2012

1ª ROMERIA DA IRMANDADE EN SOUTO (RIBAS DO SIL) LUGO 3ª Parte

Con este vídeo damos por terminada esta pequena serie que dedicamos á Romería da Irmandade en Souto a nosa opinión é que foi un éxito. O noso agradecemento persoal,pensamos que compartido, a Bea e Samuel, desexamos que de novo graven un disco en común, felicitamos a todos os que dedicaron parte do seu tempo libre a organizar e traballar para que este evento fose unha realidade. Proximamente presentaremos unha montaxe de fotos.

PICAR EN>>>http://youtu.be/p7Drj7ymPaw