miércoles, 24 de octubre de 2012

1ª ROMERIA DA IRMANDADE EN SOUTO (RIBAS DO SIL) LUGO 2ª Parte


Neste vídeo da Romería de Irmandade en Souto, podemos apreciar como os gaiteiros tanto de Quiroga como de Agolada se mesturan para alegrarnos cos seus sons e todos os que tivemos a sorte de estar alí tamén o fixemos e desexamos que dentro dun ano podamos compartir de novo estas sensacións.

PICAR EN >>> http://youtu.be/Aw_Tu-kHMBU

1ª ROMERIA DA IRMANDADE EN SOUTO (RIBAS DO SIL) LUGO 1ª Parte


Pódese afirmar que na Romaría dá Irmandade en Souto houbo unha organización case perfecta ,era con seguridade a primeira vez que se xuntaba tanta xente neste lugar.As mesas ben montadas e cada un sabía onde tiña a súa praza ,non faltou o polbo e os que atenderon o posto de bebidas fixérono con dilixencia e simpatía unha comida que certamente se pode chamar de irmandade pois entre os diversos grupos repartíase a comida e a bebida. Presentamos hoxe o segundo vídeo esperando que sexa de voso agrado.

PICAR EN >>> http://youtu.be/NstSaZpu91M

martes, 23 de octubre de 2012

SAN CLODIO FESTAS DO PATRÓN MMXII


Aproxímanse as festas do noso Patrón ,copiamos a información que temos ata agora .Mesturamos varias imaxes e esperemos que o bo tempo nos acompañe ; !oxalá ! teñamos un día tan asollado como onte martes 23-10 .

PICAR EN >>http://youtu.be/YrgEyMAeh1c

lunes, 22 de octubre de 2012

SEQUEIROS (QUIROGA) -LUGO-


Pinchando sobre las fotos aumentarán

La iglesia vista desde el puente ,se ve la casa que fué de mi abuel@


La via del tren hacia Monforte


Dirección Ponferrada


ROMERIA DA IRMANDADE EN SOUTO (RIBAS DO SIL) MISA E PROCESIÓN


A Romería dá Irmandade celebrouse por primeira vez en Souto (Ribas do Sil),fué unha homenaxe os emigrantes de toda esta zona como moitos deles emigraron a Cataluña ,bendíxose unha imaxe da Virxe de Monserrat que é a patroa desta rexión .Cun dia espléndido e asollado celebrouse unha misa e procesión ,podimos admirar un artístico altar de madeira obra de José ,propietario de Almacés Blanco de San Clodio e a súa tropa ,unha vez finalizada ,comezou a música e algo mais tarde unha comida de irmandade a festa e alegría,verémolo nos próximos vídeos .

PRA VER O VIDEO PICAR EN >>>>>

>> http://youtu.be/tc8MDsIimOw

domingo, 21 de octubre de 2012

ELECCIÓNS AUTONÓMICAS EN RIBAS DO SIL


FOTOMONTAXE COS RESULTADOS DAS 

ELECCIÓNS DO 21-12-2012 EN RIBAS DO SIL 

(LUGO) "" DIA DA FEIRA"


Picar sobre a imaxe aumentará




SAN CLODIO XXI-X-MMXII

De verdade un 21 de Outubro distinto ,Feira ,Eleccións ,un outono cun día asollado ,ata a Igrexa brillaba dun xeito distinto debido o sol de Outono que ten un angulo distinto ,San Clodio cun pouco mais de ambiente neste domingo de Outubro gozando do prato de polbo e un grolo de viño ,a mediados dun outono tranquilo e esperando o inverno.










viernes, 19 de octubre de 2012

GALIZA ELECCIONS 2012


As eleccións autonómicas na nosa Rexión 
celebraranse o próximo día 21 .Os carteis dos distintos candidatos están pegados en dous puntos do pobo .Dáse a casualidade que este día é a feira no noso lugar os indicadores das distintas mesas atópanse almacenados na Biblioteca,mellor dito antiga Biblioteca xa que parece que non volverá estar activa ,os enlaces a Internet foron anulados ,algún motivo haberá ,esperamos comer o polbo con tranquilidade e sen présa.






jueves, 18 de octubre de 2012

NA ERMIDA DE QUIROGA


Unhas imaxes que nos recordan a Festa da Ermida ,alí acudiamos todo ,os nenos e maiores ,non só do val , ata se veia pasar xente que baixaba da zona de Caldelas .Unha Ermita que por estar ben situada contémplase desde todo o Val .

FOTOS DA PROCESIÓN NA PARROQUIA DO HOSPITAL (QUIROGA)


Estabamos usando un enlace público ,que pertencía á Biblioteca de San Clodio que foi anulado ,como moitas outras cousas ,sen aviso previo ,de novo empezamos a publicar imaxes desta zona ,están un pouco atrasadas ,pero cremos que alguén as atopará interesantes .