viernes, 29 de junio de 2012

Xª FESTA DA CEREIXA DE RIBAS DO SIL O DEZ PO LA TARDE (FOTOS)


O dia 10 pola tarde Os Flavias de Sarria fixeron soar os seus instrumentos á beira do Sil , todos divertímonos oíndo as cancións que nos fixeron bailar nos nosos anos mozos ,un grupo de xente contaxiouse e non perderon o ritmo .

PICAR NO ENLACE >>
>>>http://youtu.be/JW7yrjure54

10-06-2012 PO LA MAÑA NA Xª FESTA DA CEREIXA EN SAN CLODIO



Chegamos o día 10 á Festa da Cereixa pensando

que poderiamos ver algunhas da actuacións anunciadas ,viñamos da Igrexa de Participar na procesión do Corpus coa súa alfombra floral ,volvemos insistir que ninguén pode estar en dous sitios á vez ,por suposto, pero tamén opinamos que a tarde é longa e deberíase tratar de programar os actos dun pobo pequeno para que podamos ,aqueles que queiran ,estar presentes neles .


Picar no enlace >>
>>> http://youtu.be/CW2nJJWedQk

miércoles, 27 de junio de 2012

IMAXES SEN PALABRAS


Moitas veces as imaxes aclaran mais que as letras ,tamén serven para forxar a túa opinión sen que che inflúa o que din os outros .Para ver estas imaxes unidas nun vídeo picar no enlace


FOTOS DA Xª FESTA DA CEREIXA NA BEIRA DO SIL EN SAN CLODIO 09-06-2012


Hoxe tócalle de novo á Festa da Cereixa .Presentamos unha seria de fotos onde se ven diversos momentos do que sucedeu o dia 09 a traves de todo o día .A inaguración foi o mediodia pero todo empezou a alegrarse no momento que os nenos empezaron a manexar os  instrumentos e deleitáronnos cos seus sons .

Pra ver o video picar en >>>
>>>http://youtu.be/pKGRj4Dc7_E

martes, 26 de junio de 2012

OBRADOIROS DE VERÁN E TEMPO LIBRE


O vindeiro 2 de Xullo comezan é San Clodio de Ribas do Sil ,os Obradoiros de Verán e Tempo Libre que organiza o concello para nen@s comprendidos entre os tres e catorce anos .Publicamos aqui o aviso que se pode ver en diversos lugares do noso pobo .




Picando na imaxe aumentará

lunes, 25 de junio de 2012

SAN PEDRO EN FESTAS NA VEIGA SANTA

Pasa o tempo e de novo A Veiga Santa celebra as festas de San Pedro ,núcleo que forma parte desta zona .Este ano tivemos a sorte de que un programa chegase ás nosas mans ,seguramente teremos a sorte de participar nalgún dos actos que forman parte duns días distintos deste ano 2012 E.C. .


PICADE NA IMAXE AUMENTARÁ


sábado, 23 de junio de 2012

OLERÍA TRADICIONAL

Facía xa moito tempo que non nos coincidia ver traballar a estes artistas que modelan o barro coas súas mans e neste mes tivemos a oportunidade de gozar vendo como crean figuras que son dignas de admiración .A primeira fué na Festa da Cereixa de San Clodio e a segunda na visita que fixemos os de Ribas do Sil a Bonxe co o Km.0.




PICANDO SOBRE A IMAXE AUMENTARÁ



jueves, 21 de junio de 2012

DE CATRO FLORES UNHA IMAXE E UN VÍDEO

Nunha época crítica como a que estamos vivindo temos que valorar 
mais que nunca a parte positiva da vida ,na nosa parte do mundo ,na que nos tocou nacer hai ,algunhas veces pouco positivo que contar ,pero comeza o verán miremos o que nos rodea , "a natureza " e a gozar .


PRA VER O VIDEO PICAR EN >>>>
>>> http://youtu.be/oU8C98ZDtuU















FESTA DA CEREIXA E ACEITE -SAN CLODIO- ANIMANDO O MEDIODIA DO 10


Estas imaxes tomadas o dia 10 ,serven para confirmar que na Festa hai un espazo de tempo onde apenas se ven actividades ,un gaiteiro só e sen acompañamento serve pra agrupar un grupo de xente que se divirte cunha cousa tan sinxela como é oir o son da nosa música .Volvemos insistir que nos pueblos pequenos ,que carecen de moitas actividades ,se deberia tratar de programar os actos para que non coincidan á mesma hora .


PICAR NO ENLACE >>>
>> http://youtu.be/oHD3-PEmvUw