lunes, 18 de junio de 2012

OS FLAVIAS DE SARRIA ACTUARON NA Xª FESTA DA CEREIXA DE SAN CLODIO (LUGO)

 O segundo día da Xª Festa da Cereixa chegamos un pouco tarde ás actuacións do mediodia ,mellor dito cando chegamos non podimos ver ningunha ,nun pobo pequeno que non ten moitos actos se coinciden dous ,tes que decidirte por un .O que isto escribe estivo vendo a alfombra floral e é ben certo que non se pode estar en dous sitios ao mesmo tempo ,pensamos que os actos da Igrexa sempre están programados ,os domingos ,ás doce da mañá ;os outros actos do pobo ,sempre que sexa posible ,deberian adaptarse a este horario porque os que van á Igrexa tamén lle gustan ver e oir os gaiteiros ou as pandereiteiras .Bo a tarde pouco tivo que ver pois ata o campionato de Futbol de Europa que venia incluído no programa non se puido ver na praia fluvial . Logo chegou o atardecer ,marabilloso ,á beira do Sil ,e Os Flavia un grupo de Sarria que os veteranos coñecemos desde fai moitos anos alégronos cos seus sons e fixérono ,segundo a opinión do que isto escribe ,dun xeito admirable son ritmos e cancións que foron moi populares e fannos recordar os vellos tempos . Quizais faltou algún tipo de música para atraer á mocidade ,resumindo unha festa boa ,pero que con pequenos detalles pódese mellorar .



PICAR NOS ENLACES
OS FLAVIAS 1ª PARTE >>
>> http://youtu.be/x-xa-9nBTOA
OS FLAVIAS 2ª PARTE >>


CORPUS 2012 -IGREXA DE SAN CLODIO- (ALFOMBRA FRORAL E PROCESIÓN)


Despois de semanas de preparación chega o momento de mais tensión ,o estar moitas horas agachados enchendo as diversas figuras que compón a alfombra ,desexando que non chova ,a verdade é que coa auga houbo sorte ,pois apenas caeron unhas gotas .A última hora houbo caras de desesperación ,un vento forte parecía que ía desfacer o traballo de tantas xornadas ,o final todo quedou nun susto e algúns petálos que se moveron de sitio .Chegou o momento da procesión e a verdade que a alfombra luciu con todo o seu esplendor aínda que o vento seguía ruxindo .A miña felicitación persoal a todas os que participaron para que esta bela obra puidésese levar a cabo .


Pinchar en los enlace
MONTAJE DE  LA ALFOMBRA >>
>> http://youtu.be/WX08grxcA-M

PROCESIÓN DEL CORPUS >>
>> http://youtu.be/o2_AcfNdHsk

domingo, 17 de junio de 2012

PREGÓN FESTA DA CEREIXA E O ACEITE 2012 (RIBAS DO SIL-LUGO-)


Á tardiña do dia 9.06.2012 ,logo de estar toda a tarde esperando pola actuación da Escola Infantil de música de Ribas do Sil e do 4º Trofeo de Fùtbol .Chegou a hora de pregón que este ano estivo a cargo do Sr. Alcalde de Lugo .Mostramos aquí unhas imaxes que foron gravadas durante este pregón .

Picar no enlace >> http://youtu.be/WYksY9TKFd0


SOLTEIROS CONTRA CASADOS A BEIRA DO SIL FEIRA DA CEREIXA 2012 EN SAN CLODIO


Estivemos uns días de viaxe ,este é o motivo que nos impidiu subir o resto dos vídeos da "Festa da Cereixa" presentamos aquí uns minutos do partido de Fútbol sala que tivo lugar á beira do Sil ,este terreo permanecerá aberto todo o verán ,para que maiores e niñ@s poidan gozar del .Partido distraido que tivo o seu fin na quenda de penaltis .Destacamos especialmente a actuación dos porteiros Victor e Cristian .

Picar no enlace >> http://youtu.be/f9FXzn2VJxM

miércoles, 13 de junio de 2012

OS NENOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE RIBAS DO SIL ACTUAN NA FESTA DA CEREIXA

O primeiro dia da Festa da Cereixa fué , unha vez inagurada ,un pouco monótona porque quitando os diversos postos ,apenas houbo actividades ,a opinión persoal do que isto escribe é que unha charanga ou un grupo de gaitas faria a tarde mais agradable e atraira á xente .Chegaron as sete da tarde e a xente empezouse a xuntar para ver actuar aos pequenos da escola municipal de música ,fixérono moi ben ,aínda que quedamos coas ganas de oirlos un pouco máis .Sirvan estes vídeos para expresar a admiración que sentimos por este pequeno grupo .

PICAR NOS ENLACES >>>>>

lunes, 11 de junio de 2012

SAN CLODIO-XINETES DA RÚA DO FERROCARRIL A BEIRA DO SIL


Un fin de semana moi atareado en San Clodio ,non polo traballo ,non ,porque parece que facemos moi pouco ,algúns nos chaman vagos ,non todos .É que o rural ,que é todo o que nos rodea ,case ata Monforte ,pasan semanas  sen actividades ,desaparecen e aparecen grupos e ata desfacemos a natureza .Fin de semana dá Xª Festa dá Cireixa sen pasarrúas aínda que estaban anunciados .Bo xa comentaremos mais deses temas .Hoxe presentamos unha das partes positivas ,que harìamos sen a parte positiva da vida , isto grupo de persoas que teñen afección a cabalgar ,pasaron por San Clodio e deixaron unhas ondas no aire que non se oen todos os dias .

PICAR NO ENLACE >>>
>>> http://youtu.be/RkiQBZznLjE


viernes, 8 de junio de 2012

AGOLADA TRAE MUSICA E LEDICIA A SAN CLODIO -VISITA "O CAUREL"-

Presentamos hoxe unha vídeo de fotos dos amig@s de Agolada ,que nos alegraron coa súa música o sàbado día 2 de Xuño ,estivemos no Bar "Guerra" e na "Cabina" ,o tempo non dió para mais .O dia seguinte estivemos  visitando "O Caurel" ,paramos na Seara e logo visitamos a Fervenza de Vieiros ,un fin de samana agradable com pode apreciarse nas imaxes .


PICAR NO ENLACE >>>
>>>>  http://youtu.be/AZPm12--iiw

miércoles, 6 de junio de 2012

FULL MOND-VOLLMOND-полнолуние-بدر كامل- SAN CLODIO (RIBAS DO SIL) LÚA CHEA


Catro de xuño unha noite tranquila ,
lúa chea ,colles a càmara e dá a impresión que ela baila entre as nubes ,silencio total ,só roto polo asubío da locomotora e o ruído das rodas dos vagóns ,unha noite de calma e tranquilidade .

PICAR NO ENLACE  >>>
>>>> http://youtu.be/2VXiXp6kbes


lunes, 4 de junio de 2012

OS DA GOLADA ALEGRAN SAN CLODIO (LUGO) E VISITAN XUNTOS O CAUREL .

De sorpresa cambia o ritmo e ambiente dun pobo , o pasado sábado chegaron a San Clodio un grupo de persoas de Agolada ,que foron invitados por unha persoa que todos coñecemos ."O Bico dá Balouta" leva repartindo alegria por diversos puntos de Ribas do Sil ,Luís ,Luzi ,Afonso e Neves foron os seus representantes primeiro e logo uníronselle Juan e Conchi , algúns chegaron o anoitecer do sábado e outros un pouco mais tarde .Comprobamos que cun alcordeón e unha gaita unhas cancións e un pouco de alegria vívese unha noite distinta .E logo o domingo a visitar o marabilloso Caurel presentamos hoxe un pequeno vídeo desta visita e os próximos dias publicaremos as fotos de San Clodio .

Picar no enlace >>>
>>> http://youtu.be/MI1N5Ou8xZ0