sábado, 28 de abril de 2012

A TROITA DO "TINERO"


Levamos xa algunhas semanas coa veda de pesca 
aberta ,ata agora non foron moi abundantes as capturas .O noso amigo "TINERO" foi a excepción ,presentamos aquí unha foto que recibimos por Internet .


Clickeando na imaxen aumentará

miércoles, 11 de abril de 2012

LA PASIÓN ESCENIFICADA EN SAN CLODIO (VIERNES SANTO DEL MMXII)


Por primeira vez A Parroquia de San Clodio representou unha escenificación da Paixón na que participaron un grupo de persoas que colaboran habitualmente cos actos que se celebran nesta parroquia . Debido ao mal tempo ,a representación levouse a cabo no pavillón deportivo do grupo escolar . Presentamos un pequeno vídeo pra que nos podamos facer unha pequena idea deste evento .


PICAR EN >>>
>>> http://youtu.be/RO-yKCEKcZA




lunes, 9 de abril de 2012

ALGO NOSO


Homes e mulleres que colaboran coas actividades do noso pobo ( San Clodio -Lugo- ) facemos o que podemos .



miércoles, 4 de abril de 2012

PEREGRINACIÓN DE LA PARROQUIA DE SAN CLODIO A COVADONGA



CLICKEANDO SOBRE LAS IMÁGENES AUMENTARÁN

A PROCESIÓN DE RAMOS DO MMXII PARTE DESDE A PONTE DE FERRO


Presentamos hoxe un vídeo que é diferente ,nin os mais vellos do lugar recordan que o Domingo de Ramos unha procesión percorrese o pobo ,se engadimos que saíu da Ponte de Ferro chegamos á conclusión que foi un detalle que deixa unha marca na historia de San Clodio .Moitos de nós que celebramos algún evento ,algunhas veces triste sabemos o que significa esta Ponte para a cultura do noso pobo ,a nosa Ponte mais o ferrocarril foron as portas que nos sacaron da soidade e serviron para unirnos ao mundo .

PICAR NESTE ENLACE >>http://youtu.be/CovNGieXel0




lunes, 2 de abril de 2012

PROCESIÓN DE RAMOS EN SAN CLODIO (LUGO) 01-04-2012


Temos que recoñecer que a parroquia de San Clodio ,leva varios anos creando actividades que cada vez son mais variadas e de mellor calidade .Excursións ,concertos ,
representacións .Recordamos con especial admiración a alfombra floral do Corpus do pasado ano .Moitas administracións deberían de pasar por eiquí para aprender o que pode alcanzar un grupo de persoas unidas e que moitas veces non teñen os medios suficientes .Mais logran transformar os seus proxectos en realidades .






PICANDO NA IMAXENES AUMENTARÁN



lunes, 26 de marzo de 2012

EXPOSICIÓN DE MANOS UNIDAS EN LA BIBLIOTECA DE SAN CLODIO


Un ano mais un grupo de mulleres de San Clodio ,que se reunen todas as semanas ,para compartir unhas horas ,non de traballo ,senón coa idea de axudar a mellorar o mundo dentro das súas posibilidades ,expoñen as obras ,segundo a miña opinión ,de arte que crearon durante os últimos meses .Oxalá que todos nós atopemos un pequeno espazo na nosa vida cotiá e fagamos un pequeno percorrido pola súa exposición .Todos os que poidan deberían colaborar .


PICANDO SOBRE A IMAXE AUMENTARÁ 


EXCURSION DA PARROQUIA DE SAN CLODIO A LUGO E FOZ (KM.O)


Fai xa mais dun mes ,que estivemos en Lugo e Foz ,unha viaxe que organizou a parroquia de San Clodio e o KM.O da Deputación de Lugo ,habiamos mostrado xa varios vídeos e hoxe presentamos unha serie de Fotos que nos resumen o que gozamos nesta viaxe .

Clickear en >>>>


lunes, 19 de marzo de 2012

PRIMAVERA 2012 A BEIRA DO SIL


Case darnos conta hoxe ao levantarnos ,a mayoria ,xa que algúns traballan de noite .Pisaremos o chan e case non nos daremos conta que A Primavera acaba de comezar ,gocemos dela o mais que podamos ,desexando que esta crise na que nos meteron desapareza canto antes das nosas vidas.

CLICKEAR EN >>>>