miércoles, 24 de febrero de 2010


O pasado dia 17 de Febreiro celebrouse en Monforte de Lemos unha xornada de reivindicación do Camiño de Inverno a Santiago , como pode lerse no diario "La Voz de Galicia" , esta xornada tivo un gran éxito .Desde aquí queremos unirnos a devandita reivindicación ,aspiramos e desexamos que o camiño libre de neve , que conduce pola ribeira do Sil á cidade do Ápostol , sexa aceptado como un camiño máis dos moitos que conducen a Santiago .

-ENTROIDO SAN CLODIO 2010-


UN VIDEO DE FOTOS DO ENTROIDO DO 2010 QUE PODEREDES VER CLICKEANDO NESTE ENLACE>>


martes, 16 de febrero de 2010

NOTICIAS





O entroido en San Clodio tivo este ano un éxito extraordinario , nuns dias publicaremos varias fotos e comentarios sobre estes acontecementos

sábado, 13 de febrero de 2010

O CAMIÑO PO LA BEIRA DO SIL


2010 Ano Santo Xacobeo ,fai uns anos que percorremos unha etapa do camiño por a párte sur da provincia de Lugo , no termo municipal de Ribas do Sil , este ano percorreremos de novo esta etapa , desexando que esta ruta sexa ao fin recoñecida . Publicamos estas fotos para certificar a beleza paisaxista desta ruta .

jueves, 28 de enero de 2010

O CAMIÑO PO LA BEIRA DO SIL


Levamos xa case un mes do " NOVO ANO SANTO " Parece ser , pódese ler nesta noticia adxunta , publicada en Abc.é , que o Camiño que discorre pola RIBEIRA SACRA aínda esta sen recoñecer . Mágoa , pasarán algúns anos para que este acontecemento volva repetirse . Unha nova oportunidade que se perde para poder promocionar esta zona . Queda a esperanza que o ano 2010 acaba de comezar e quizais aínda se poidan levar a cabo as xestións necesarias . Haberá que apurarse para que antes do verán este camiño , no que durante o inverno a neve non causa nigún problema , sexa recoñecido e promocionado tanto como esta bela zona se meréce .

Texto Pablo Vidal

domingo, 3 de enero de 2010

Bo comezo de Ano 2010


De novo publicouse en "O PROGRESO" unha noticia , que de levarse a cabo , atraería mais turistas á nosa zona , levando a melloría económica en varios sectores . Esperemos que non suceda o mesmo que co "Albergue Ambiental" cuxo proxecto fai máis dun ano que fué aprobado e aínda non se moveu a primeira pedra . Gustaríanos saber se o de Viérnoles en Cantabria e Villardeciervos en Zamora atópanse no mesmo estado .

Publicado en "EL PROGRESO" en Diciembre ---Texto : P.Vidal