Ir a Lugo aos finais dos cincuenta era como coller unhas vacacións hoxe en día , motivo de alegría e desexo de ver algo novo . A estación ,a espera ,a chegada do tren, faltaba tempo para subir,case tres horas de camiño que un non aguantaba sentado nos duros asentos de madeira dos vagóns de terceira, tragando o fume que se coaba no interior ao pasar por algún tunel. Chegada a Lugo ,subir as escaleiras e de súpeto as maxestuosas murallas, que tantas xeracións de lucenses vira pasar .As rúas o parque ,durmir no Paramés , aquí almorzábase ,as tapas e a comida nalgunha taberna ou restaurante. O cine logo pola noite chamar "O Senero" para que abrise a porta do Paramés .Deixar limpar os zapatos ,admirando a aqueles artistas que sentaban diante dun ,nas súas pequenas banquetas .Logo o regreso ,quedando no recordo os marabillosos intres que se habian vivido e na cámara fotográfica unha chea de fotos que o Antonio disparaba en culquier esquina da cidade .Fotos de Antonio Vidal- Texto de Pablo Vidal


