Camiñas ,
vas,
vés,
miras,
sobes,
baixas,
oes,
falas.
Horas,
días,
semanas,
anos,
décadas,
séculos,
vida humana .
Montes ,
vales,
ríos,
mares,
universo e terra
Home,
muller,
idade,
penas ,
tristezas,
música,
susurros,
berros,
choros,
anhelos,
desexos,
rabias e calmas.
Ansiar,
esperar,
desexar,
loitar;
convivir en paz.
sábado, 28 de noviembre de 2009
miércoles, 25 de noviembre de 2009
SAN CLODIO--------->LUGO--------->SAN CLODIO
Ir a Lugo aos finais dos cincuenta era como coller unhas vacacións hoxe en día , motivo de alegría e desexo de ver algo novo . A estación ,a espera ,a chegada do tren, faltaba tempo para subir,case tres horas de camiño que un non aguantaba sentado nos duros asentos de madeira dos vagóns de terceira, tragando o fume que se coaba no interior ao pasar por algún tunel. Chegada a Lugo ,subir as escaleiras e de súpeto as maxestuosas murallas, que tantas xeracións de lucenses vira pasar .As rúas o parque ,durmir no Paramés , aquí almorzábase ,as tapas e a comida nalgunha taberna ou restaurante. O cine logo pola noite chamar "O Senero" para que abrise a porta do Paramés .Deixar limpar os zapatos ,admirando a aqueles artistas que sentaban diante dun ,nas súas pequenas banquetas .Logo o regreso ,quedando no recordo os marabillosos intres que se habian vivido e na cámara fotográfica unha chea de fotos que o Antonio disparaba en culquier esquina da cidade .
Fotos de Antonio Vidal- Texto de Pablo Vidal
domingo, 22 de noviembre de 2009
lunes, 16 de noviembre de 2009
miércoles, 11 de noviembre de 2009
domingo, 8 de noviembre de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)